O proceso de cristianización na Gallaecia, tema central da segunda xornada do Congreso sobre San Martiño

  • O profesor Jorge López Quiroga analizou este tema no Liceo.

Ourense, 15 de novembro de 2016.- O Liceo de Ourense foi o escenario da segunda xornada do congreso internacional de San Martiño de Tours na que Jorge López Quiroga, da Universidade Autónoma de Madrid e coordinador do congreso, expuxo no seu relatorio o marco xeral do proceso de cristianización na Gallaecia no ámbito rural nos séculos V e VI. "Unha panorámica sobre o que sabemos do proceso de cristianización, os restos e as evidencias que temos como introdución aos relatorios sobre estudos máis detallados de distintos bispados", sinalou Jorge López Quiroga.

Asemade o coordinador do congreso explicou no seu relatorio que a cristianización é "un fenómeno do que hai evidencias temperás, pero moi problemático á hora de definir cronoloxías exactas para os séculos IV e V, e é moito máis claro no século VI cando eclosiona coa actividade de San Martín de Dumio, como se mostra nos textos e en evidencias materiais".

Chegado desde Viena por primeira vez en España, o director do Instituto de Estudos Medievais, Walter Pohl, é unha das persoas que renovou o estudo dos "Bárbaros", entre eles os suevos, ofrecendo unha nova visión sobre a identidade que non se enfoca hoxe en día como unha cuestión étnica, é dicir, non se fala de pobos que non cambian ao longo do tempo, desde o punto racial senón que, o que hai é unha mestizaxe de moitos pobos e a identidade que eles constrúen depende do contexto socio político. Todos os bárbaros queren imitar a Roma é o seu modelo, e todos queren ser romanos pero teñen as súas costumes. Na súa intervención aportou a súa visión sobre cómo se enfoca, hoxe en día, o estudo destes pobos, por exemplo o dos suevos que chegaron á Gallaecia e cómo constrúen esa identidade, por exemplo coa conversión á catolicismo, ao arrianismo, é unha forma de buscar a identidade.

Pola súa parte, Tivadar Vida da Universidade de Budapest, abordou a cuestión da cristianización na zona de onde son orixinarios San Martin de Tours e San Martin de Dumio, ambos son da Pannonia, e presentou un panorama, desde o punto de vista da arqueoloxía, das evidencias, dos restos, de elementos de cristianización ligados á actividade de San Martin e cómo se relaciona coa poboación que estaba alí. Presentou un proceso de cristianización moi similar ao de aquí. De feito é moi probable que San Martin de Dumio, que foi quen difundiu o culto de San Martin de Tours, puido converter aos suevos porque era orixinario da mesma rexión, os suevos tamén estaban instalados nesa rexión, un paralelo directo que nos permite entender moitas cousas aquí.

Christine Delaplace da Universidade de Caen, catedrática de Historia Antiga, falou da actividade de San Martin de Tours, bispo de Tours, na Galia, en Francia, desde unha perspectiva dos textos e da arqueoloxía e, Miljenko Jurkovic, da Universidade de Zagreb, Croacia, presenta un panorama de cristianización de Dalmacia (costa da Croacia actual), un territorio cunhas dimensións similares a Galicia, hai 18 bispados, algo que nin no maior momento de expansión do cristianismo aquí se deu.

Mañá mércores, 16 de novembro, as actividades dará comezo ás 9.00 horas, nesta ocasión para poñer rumbo a unha visita de estudo ao Mosteiro de San Salvador de Celanova e á Capela de San Miguel, ao Centro de interpretación e xacemento de Aquis Quarquernnis, e á Igrexa de Santa Comba de Bande.

Pola tarde, os participantes regresarán a Ourense, concretamente ao Centro Cultural "Marcos Valcárcel" para retomar ás 16.00 horas os relatorios que comezarán coa intervención de Artemio M. Martínez Tejera, da Universidade Autónoma de Madrid que falará da "Arquitectura cristiá no Regnum Suevorum Hispaniae (411-585 AD): entre o ideal e a praxis". Continuará, Marcos V. García Quintela, da Universidade de Santiago de Compostela con "A construción da paisaxe cristiá de Galicia: estudo interdisciplinar e mirada antropolóxica". Despois do descanso, será a quenda para Miguel Ángel González García, director do Arquivo Histórico Diocesano de Ourense e do Museo Catedralicio de Ourense, quen falará da memoria de San Martín de Tours no Ourense Medieval: iconografía e reliquias. Pola súa parte, Luis A. García Moreno da Universidade de Alcalá falará da "diverxencia relixiosa e construción de identidades étnico-políticas nos Reinos suevo e godo". Asemade, Adolfo Fernández Fernández, da Facultade de Historia da Universidade de Vigo, pechará a xornada co relatorio "O noroeste peninsular como centro neurálxico do comercio atlántico durante os séculos V ao VII. Unha perspectiva novidosa da Gallaecia suevo-visigoda desde os datos arqueo-históricos".