Manuel Baltar destaca a figura de Rodolfo Prada, o gran valedor de Castelao en Bos Aires

 

  • A Deputaci贸n de Ourense organizou un acto de homenaxe no pobo natal do galeguista, Os Peares, destacando "o seu compromiso con Galicia desde a emigraci贸n e a relevancia que tivo nos c铆rculos galeguistas e ourens谩ns na capital arxentina", afirmou Baltar.

Ourense, 3 de novembro de 2016.- O presidente da Deputaci贸n de Ourense, Manuel Baltar, presidiu hoxe na sede do Consorcio dos Peares o acto de homenaxe e lembranza a Rodolfo Prada Chamoch铆n, o gran valedor de Castelao en Bos Aires. O xurado do Premio "Ourensan铆a" propuxo 谩 Deputaci贸n de Ourense recuperar a memoria deste galeguista, que tivo un relevante protagonismo na prensa da 茅poca, e que foi o principal impulsor da obra Sempre en Galiza, de Castelao.

O presidente do goberno provincial destacou de Rodolfo Prada "o seu compromiso con Galicia desde a emigraci贸n e a relevancia que tivo nos c铆rculos galeguistas e ourens谩ns na capital arxentina", e subli帽ou que actos como este serven para que todos, e sinaladamente 谩s xeraci贸ns m谩is novas, "co帽ezan a importante traxectoria deste galeguista ourens谩n, co que tam茅n contribu铆mos a fortalecer o sentimento de autoestima e de autoidentificaci贸n como 茅 a Ourensan铆a".

Manuel Baltar afirmou que este acto "reivindica a nosa memoria e a nosa cultura, apostando tam茅n por unha das caracter铆sticas que temos como pobo e territorio: a emigraci贸n, e sen d煤bidas Rodolfo Prada, de quen o vindeiro ano se cumpren 125 anos do seu nacemento, foi un referente ourens谩n, galego e espa帽ol na emigraci贸n arxentina".

No acto de hoxe tam茅n participaron o escritor e xurado do Premio Ourensan铆a, Luis Gonz谩lez Tosar; o presidente da Asociaci贸n Cultural "Rodolfo Prada Chamoch铆n", Francisco Gonz谩lez, e o concelleiro da Peroxa Jos茅 Manuel Rodr铆guez, xunto aos alcaldes de Nogueira de Ramu铆n e Carballedo e persoeiros dos 谩mbitos social e cultural.

Gonz谩lez Tosar dixo que Prada Chamoch铆n "foi un combatente da palabra e un activista cultural de primeira magnitude, erguendo sempre a conciencia de Galicia por riba de todo". O escritor subli帽ou que como valedor de Castelao "Prada foi seu albacea testamentario, ademais dun referente do galeguismo e o art铆fice de unir as asociaci贸ns de emigrantes que hab铆a daquela en Bos Aires: os centros orensano, pontevedr茅s, lucense e coru帽茅s". Asemade, Gonz谩lez Tosar destacou a implicaci贸n de Rodolfo Prada co Partido Galeguista e previamente a s煤a afiliaci贸n 谩s Irmandades da Fala, en 1917. "El alicerzou e xuntou a Academia Galega e participou en numerosas actividades das instituci贸ns galegas en Bos Aires".

Pola s煤a banda, o presidente da Asociaci贸n Cultural "Rodolfo Prada Chamoch铆n", Francisco Gonz谩lez explicou que esta entidade creouse en 1982, dous anos despois do pasamento do galeguista ourens谩n. "Prada foi todo un s铆mbolo para Os Peares e un dos galeguistas ilustres, do cal queremos seguir o seu maxisterio e seu legado". Neste sentido, agradeceu 谩 Deputaci贸n de Ourense e ao seu presidente "a implicaci贸n e apoio que amosan para potenciar a figura de Prada Chamoch铆n, este fillo da Terra", e propuxo "que se erixa un busto conmemorativo nos Peares, que se repatr铆en desde Bos Aires os seus restos e que se cre un premio literario de animaci贸n cultural que leve o seu nome, para destacar a persoeiros da nosa lingua".

O apartado musical do acto contou coa participaci贸n do grupo "Augas de Xuntanza", dos Peares, que interpretou o Himno Galego.

Biograf铆a

Rodolfo Prada Chamoch铆n naceu na Peroxa o 28 de agosto de 1892 e morreu en Bos Aires o 3 de novembro de 1980. Xunto con Julio D谩vila e Lu铆s L贸pez fundou en 1919 a Asociaci贸n Protectora da Real Academia Galega e desempe帽ou a s煤a secretar铆a, polo que foi nomeado correspondente da corporaci贸n galega. A partir de 1920, cando resultou elixido secretario da Casa de Galicia, converteuse nun activo propulsor da galeguidade. Nese mesmo ano creou e dirixiu a revista "Acci贸n Gallega" e o ateneo de Cultura Galega. Pouco despois, en 1924, foi redactor xefe e copropietario de Correo de Galicia. En 1932 participou na fundaci贸n da Organizaci贸n Nacionalista Republicana Gallega, que chegou a presidir entre 1936 e 1937, e ao ano seguinte foi nomeado presidente do Centro Gallego de Bos Aires.

Como membro do Centro Orensano dirixiu o seu 贸rgano period铆stico, El Orensano, e posteriormente Opini贸n Gallega, e conseguiu a publicaci贸n de Sempre en Galicia, de Castelao. Entre as conferencias que pronunciou destaca Encol da nosa Galiza (Montevideo, 1935) e Antol铆n Faraldo; ademais, mantivo unha interesante correspondencia con Castelao, con quen colaborou estreitamente.