Festival Caboverdiano, no 82潞 Congreso do PEN Internacional

Ourense, 29 de setembro de 2016.- No marco da 82 edici贸n do Congreso do PEN Internacional que se est谩 a desenvolver durante estes d铆as en Ourense, celebrouse esta tarde un Festival Caboverdiano, da man de Batuko Tabanka, no que un grupo de mulleres caboverdianas chegadas desde Burela, sorprenderon cos seus ritmos, danzas e gastronom铆a aos al铆 presentes.

Na xornada de ma帽谩 desprazaranse a Braga (Portugal), onde os participantes e delegados poder谩n asistir a unha visita guiada da cidade. 脕s 12.00 horas ser谩n recibidos na Camara Municipal de Braga polos membros do comit茅 executivo do PEN Portugal. Tralo xantar, 谩s 17.00 horas, poder谩n gozar da Companhia de Teatro de Braga que representar谩 "Um Picasso".