A Xunta de Goberno aproba a programaci贸n para o curso 2016-2017 da Escola Provincial de Gaitas

Ourense, 16 de setembro de 2016.- A Xunta de Goberno da Deputaci贸n de Ourense celebrada esta ma帽谩 no Pazo Provincial aprobou a programaci贸n anual e prezos p煤blicos da Escola de Gaitas da Deputaci贸n de Ourense para o curso 2016-2017. Dita programaci贸n incluir谩 ciclo elemental, medio e superior de gaita, percusi贸n, canto e pandeireta, e zanfona. Tam茅n est谩n inclu铆dos programas para adultos das modalidades de gaita, canto e pandeireta.

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou tam茅n d煤as axudas en materia de cooperaci贸n a dous concellos da provincia de Ourense. A primeira delas ao Concello de Avi贸n, por importe de 60.000 euros, para o mantemento da escola infantil municipal correspondente ao ano 2016. A segunda achega vai destinada ao Concello de Bande, por importe de 20.000 euros, para o arranxo do cemiterio municipal.

En materia de Deportes a Xunta de Goberno ratificou o convenio de colaboraci贸n entre o Club Deportivo Xadrez Ourense e a Deputaci贸n de Ourense, asinado con data 11 de xaneiro de 2016, para posta en marcha e co-financiamento dunha escola provincial de base de xadrez, cun financiamento por parte da Deputaci贸n de 4.000 euros.