As 2.500 persoas que integran a caravana da "Vuelta 2016" acredítanse na Oficina Permanente instalada no Pazo "Paco Paz" de Ourense

  • Manuel Baltar e o director xeral da proba ciclista, Javier Guillén, visitaron hoxe as instalacións, situadas no Pazo dos Deportes da Deputación, que abranguen espazos dedicados á xestión de acreditacións, organización, salas de reunións e prensa.

  • Mañá xoves celébrase no Balneario de Arnoia a gala de presentación dos 22 equipos que compiten nesta 71ª edición da "Vuelta", acto que estará conducido por Carlos de Andrés e Perico Delgado, e que contará, no apartado musical, coa actuación de Marta Sánchez.

  • As cifras desta edición da "Vuelta", coa provincia de Ourense como protagonista, produciu un cheo dos establecementos hoteleiros de Ourense: 198 corredores e máis de 500 persoas de apoio deportivo dos 22 equipos, sumadas ás 2.000 persoas acreditadas, entre xornalistas persoal de apoio e de organización, seguridade e medios.

  • Manuel Baltar afirma que a "Vuelta a España" "é moitos máis que deporte, e o feito de que este evento sexa seguido en máis de 150 países, reforza a "marca a Ourense" e remarca a aposta do goberno provincial polo deporte, unha das liñas mestras do Plan Ourense 15-19".

Ourense, 17 de agosto de 2016.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director xeral de Unipublic e da "Vuelta a España", Javier Guillén, visitaron esta tarde as instalacións da Oficina Permanente da proba ciclista, situada no Pazo dos Deportes "Paco Paz" de Ourense, onde percorreron as diferentes dependencias nas que se divide este espazo organizativo e de xestión, o "cerebro" da Vuelta, onde entre hoxe e mañá se acreditarán as máis de 2.500 persoas que integran a caravana da 71ª edición da "Vuelta a España".

Baltar e Guillén percorreron as instalacións, que abranguen espazos dedicados á xestión de acreditacións, organización, salas de reunións e prensa, e posteriormente valoraron diante dos medios de comunicación os preparativos que se están a realizar para que a partires do vindeiro sábado, 20 de agosto, ás 18.30 horas, arranque no Balneario de Laias a primeira das etapas, unha contrarreloxo por equipos, de 29 quilómetros, entre o balneario e o Parque Náutico de Castrelo de Miño.

Previamente, mañá xoves celébrase no Balneario de Arnoia a gala de presentación dos 22 equipos que compiten nesta 71ª edición da "Vuelta", acto que estará conducido por Carlos de Andrés e Perico Delgado, e que contará, no apartado musical, coa actuación de Marta Sánchez.

As cifras desta edición da "Vuelta", que ten á provincia de Ourense como protagonista, produciu desde hai meses un cheo das reservas nos establecementos hoteleiros de Ourense para estes días: 198 corredores e máis de 500 persoas de apoio deportivo dos 22 equipos, sumadas ás máis de 2.000 persoas acreditadas, entre xornalistas persoal de apoio e de organización e seguridade e medios, da unha idea da grande relevancia que este evento ten no ámbito mundial do ciclismo.

Manuel Baltar afirma que a "Vuelta a España" "é moitos máis que deporte, e o feito de que este evento sexa seguido en máis de 150 países, reforza a "marca a Ourense" e remarca a aposta do goberno provincial polo deporte, unha das liñas mestras do Plan Ourense 15-19, que enlaza deporte, turismo e promoción social e económica".

Manuel Baltar, quen agradeceu a Javier Guillén o traballo desenvolvido, anima a todos a participar deste espectáculo deportivo, "este ano, máis ourensán que nunca", e destaca que a propia denominación da proba ciclista: "Ourense Termal-Madrid" "reflicte o noso papel como berce da mesma", tendo como puntos de saída ou chegada os concellos de Cenlle, Arnoia, Nogueira de Ramuín, Castrelo de Miño, Maceda e a capital ourensá, e como pasos intermedios os concellos de Allariz, Cortegada, Leiro, Ribadavia, Parada de Sil, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Xinzo de Limia, Trasmiras, Verín, A Gudiña e A Mezquita.

Pola súa banda, Javier Guillén destacou a aposta que "a Deputación de Ourense e Manuel Baltar fan pola Vuelta, porque sen territorios nin institucións que apoien este evento non habería Vuelta", e subliñou o "importante retorno económico que para a capital e para a provincia de Ourense ten este acontecemento deportivo", que nesta edición pon especial énfase na promoción termal da provincia de Ourense coa celebración de actos, retransmisións televisivas e saídas de etapa en balnearios e contornas termais.

Guilén afirmou que a Vuelta conta cos mellores ciclistas dos mundo, "entre os que se encontran Chris Froome, gañador do Tour de Francia por segundo ano consecutivo; Alberto Contador, Nairo Quinta e Alejandro Valverde, entre outros".

A "Vuelta a España" é un evento que, xunto co Tour de Francia e o Giro de Italia, configura unha das carreiras ciclistas máis importantes do mundo, sendo seguida en máis de 150 países do mundo.