Constituído o xurado do "Premio Ourensanía 2012"

A xunta de goberno da Deputación de Ourense aprobou na súa reunión do pasado venres as bases do o «Premio Ourensanía 2012» e designou o xurado que concederá este galardón, instituído para outorgar un recoñecemento honorífico a aqueles ourensáns que teñan destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais.

O xurado, que se constituíu o pasado luns, está presidido por Manuel Baltar, titular da Deputación de Ourense, e integrado por Antonio Piñeiro, secretario da Fundación Curros Enríquez (que actuará como secretario do xurado), e os vogais: Luís González Tosar, presidente do PEN Club de Galicia; María Lameiras, vicerreitora do Campus de Ourense; Jesús de Juana, director da UNED en Ourense; Eva Torres, directora do Museo Municipal de Ourense, e Miguel Anxo Fernández, profesor de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo.

Segundo o acordo da xunta de goberno, calquera membro do xurado poderá propoñer candidatos para o premio, resolvéndose o dito premio por maioría dos integrantes do xurado.