Manuel Baltar presenta a promo documental da "Ourense ICC Week"

  • O documental ser谩 presentado oficialmente no Festival de Cine de Ourense.

Ourense, 15 de outubro de 2015.- O presidente da Deputaci贸n de Ourense, Manuel Baltar, presentou esta ma帽谩 no Centro Cultural "Marcos Valc谩rcel, xunto co deputado de Cultura, Manuel Doval e o asesor de Cultura da Deputaci贸n de Ourense, Aurelio G贸mez Villar, o v铆deo promocional da "Ourense ICC Week 2015" as铆 como a canle de youtube "Ourense ICC Week".

O documental da "ICC Week 2015" ser谩 oficialmente presentado no Festival de Cine de Ourense e, posteriormente, ter谩 lugar a s煤a estrea en Madrid, para que "novamente Ourense sexa no ano 2016, un referente na vangarda creativa das industrias culturais de 谩mbito nacional e mesmo internacional", asegurou Manuel Baltar, e engadiu, "o impacto da ICC Week foi evidente, a Deputaci贸n de Ourense xa fac铆a cuesti贸ns culturais importantes que apostaban polo tradicional e complem茅ntase esa actividade cultural cunha aposta pola cultura de vangarda e a creatividade coa ICC Week 2015".

Esta iniciativa cultural conta xa cunha canle de youtube, "Ourense ICC Week", onde xa 茅 posible visionar tanto o video promocional presentado esta ma帽谩 como as conferencias da xornada inaugural do presidente da Deputaci贸n de Ourense e do economista Pau Rausell. Nesta canle iranse subindo todos os relatorios celebrados no certame, o 煤nico evento a nivel nacional no 谩mbito de creatividade cultural nas s煤as m谩is variadas facetas e disciplinas, como a videogr谩fica, audiovisual e literaria.

Asemade, o presidente da Deputaci贸n de Ourense adiantou alg煤n dos preparativos que se est谩n a levar a cabo para a celebraci贸n da "ICC Week 2016" enmarcado dentro do Plan 15-19, entre as que cabe destacar "a actuaci贸n en directo dun artista de primeiro nivel", asegurou Manuel Baltar. Esta nova edici贸n tam茅n contar谩 coa caracter铆stica da descentralizaci贸n das actividades "para que todo o territorio da provincia se beneficie desta sacudida intelectual e de vangarda que sen d煤bida v茅n a enriquecer o discorrer creativo e cultural da nosa provincia", declarou Manuel Baltar.

Adxuntamos o enlace no que se accede ao canal de youtube de "Ourense ICC Week": https://www.youtube.com/channel/UCNAY-Rdx3wrqCCkZLYv83-w.