Gaiteiros de Galicia, Catalu帽a e Navarra participar谩n no VI Certame Celtib茅rico de Bandas de Gaitas

  • O evento, que se celebra os d铆as 25 e 26 de xullo en Cabeza de Manzaneda, foi presentado hoxe na Deputaci贸n de Ourense.

Ourense, 16 de xullo de 2015.- Gaiteiros de Galicia, Catalu帽a e Navarra participar谩n os vindeiros 25 e 26 de xullo na estaci贸n de monta帽a de Cabeza de Manzaneda no VI Certame Celtib茅rico de Bandas de Gaitas "Memorial Gabino Garc铆a", un evento promovido pola Deputaci贸n de Ourense e organizado polo Concello de Manzaneda coa colaboraci贸n da Xunta de Galicia e Oca Nova Manzaneda.

O Pazo Provincial acolleu esta ma帽谩 a presentaci贸n do evento, un certame que a Deputaci贸n de Ourense ven organizando dende o ano 1991, inicialmente como Campionato Provincial de Bandas de Gaitas, logo como Campionato Nacional de Bandas de Gaitas, posteriormente como Liga Galega de Bandas de Gaitas e dende hai catro anos como Certame Celtib茅rico de Bandas de Gaitas.

O acto contou coa presenza do vicepresidente da Deputaci贸n, Rosendo Fern谩ndez; o alcalde de Manzaneda, David Rodr铆guez; o director da Escola Provincial de Gaitas, Xos茅 Lois Foxo, e o director xeral de Oca Nova Manzaneda, Gustavo Sanmart铆n.

Xos茅 Lois Foxo destacou do programa que o d铆a 25 ter谩 lugar a celebraci贸n da "Noite Celta", na que actuar谩n a Banda de Gaitas do Centro Galego de Navarra, "Lapsus Gaita", as Cantareiras da Real Banda, "Pol Lari & Meritxell Bayarri, e a Real Xuvenil. O d铆a 26, entre as 11.00 e as 14.00 horas, ter谩 lugar o certame coa participaci贸n das bandas "Flariz", de Monterrei, "As Xuncos", de Xunqueira de Espadanedo, as Bandas de Gaitas dos concellos de Ver铆n, Ri贸s, Vilari帽o de Conso e Manzaneda e a da Carballeira. O evento rematar谩 coa entrega de diplomas e medallas.