No verán... Redecinema

No marco da planificación anual de actividades para o ano 2012, aprobado polo Consello de Membros da Rede de Dinamización Lingüística o pasado mes de decembro, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coas deputacións da Coruña, Pontevedra e Ourense, pon en marcha este novo programa de cinema de verán.

Redecinema chegará a un total de 35 localidades da Rede de Dinamización Lingüística a partir de agosto, con proxeccións gratuítas e ao aire libre do recentemente estreado filme de produción galega Vilamor.

Vilamor foi rodada en Galicia e en galego, e estreouse en Ourense o 17 de maio, con motivo da celebración das Letras Galegas 2012. A pesar da súa curta andaina, xa colleitou o recoñecemento de dentro e de fóra de Galicia (Cannes, Nova York, Jakarta...).

Ficha técnica do filme

A través de Redecinema, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e as deputacións da Coruña, Pontevedra e Ourense, no marco da súa pertenza á Rede de Dinamización Lingüística, apoian e promoven a lingua propia de Galicia e, ao tempo, a industria cultural, nomeadamente a audiovisual, galega e en galego.

Redecinema responde a obxectivos xerais emanados do Plan xeral de normalización da lingua galega, nomeadamente os seguintes:

  • Promover a creatividade con base en galego
  • Aumentar a oferta de produtos de cultura e de ocio na nosa lingua


Os obxectivos específicos do programa Redecinema son:

  • Visibilizar a lingua galega nas entidades da Rede de Dinamización LingüísticaActivar o seu uso
  • Progresar na sensibilización social a favor do galego
  • Promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer
  • Visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos


En especial para promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer, visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos, potenciar artistas e dinamizadores galegos e mais favorecer a incorporación do galego á programación das actividades para o verán realizadas nos concellos.

CALENDARIO:

Provincia de A Coruña: 

  • Ames: venres, 21 de setembro, (lugar e hora pendentes de confirmar)
  • Arteixo: domingo, 26 de agosto, ás 22:00 horas na Praza do Balneario
  • Betanzos: venres, 14 de setembro, ás 22:00 horas na Praza da Constitución
  • Boiro: luns, 13 de agosto, ás 22:00 horas na Praza de Galicia
  • Cee: martes, 7 de agosto, ás 22:30 horas nos xardíns do IES Fernando Blanco
  • Curtis: xoves, 13 de setembro, ás 22:00 horas na Praza de España
  • Ferrol: venres, 7 de setembro, ás 22:00 horas na Praza da Constitución
  • Fisterra: domingo, 26 de setembro, ás 22:00 horas na explanada do Peirao
  • Melide: venres, 24 de agosto, ás 22:00 horas na Praza do Convento
  • Muros: mércores, 15 de agosto, ás 22:30 horas no Curro da Praza
  • Oleiros: xoves, 9 de agosto, ás 22:15 horas no paseo marítimo de Santa Cruz (parque Luís 
  • eoane)
  • Ortigueira: domingo, 19 de agosto, ás 22:30 horas na explanada da alameda
  • Padrón: xoves, 6 de setembro, ás 22:00 horas na Praza de Macías
  • Ponteceso: mércores, 22 de agosto, ás 22:00 horas na Praza da Ribeira, en Corme
  • Santiago de Compostela: sábado, 8 de setembro, ás 22:00 horas na Praza da Quintana
  • Teo: xoves, 16 de agosto, ás 22:00 horas na praza da urbanización Braña dos Alféreces 
  • Montouto-Cacheiras)
  • Zas: venres, 24 de agosto, ás 22:00 horas na Praza do Concello

Provincia de Pontevedra: 

  • Baiona: luns, 3 de setembro, ás 22:00 horas na Praza do Concello
  • Cangas: xoves, 30 de agosto, ás 22:00 horas na praza Eirao do Costal
  • A Estrada: (por confirmar día, lugar e hora)
  • Forcarei: xoves, 23 de agosto, ás 22:00 horas na Praza da Igrexa
  • A Lama:martes, 28 de agosto, ás 22:00 horas na Praza da Pedreira
  • Ponte Caldelas: mércores, 22 de agosto, ás 22:00 horas na alameda
  • Ribadumia: xoves, 30 de agosto, ás 21:30 horas na Praza do Concello
  • Tui: xoves, 31 de agosto, ás 22:00 horas na Praza de San Fernando
  • Valga: (por confirmar día, lugar e hora)
  • Vilanova de Arousa: mércores, 8 de agosto, ás 22:15 horas na Praza da Pastoriza

Provincia de Ourense: 

  • Cenlle: (por confirmar día, lugar e hora)
  • Esgos: sábado, 18 de agosto, ás 22:00 horas na Praza da Souteira
  • Laza: (por confirmar día, lugar e hora)
  • Lobios: xoves, 23 de agosto, ás 22:00 horas (lugar pendente de confirmar)
  • A Peroxa: (día, lugar e hora pendentes de confirmar)
  • Petín: sábado, 18 de agosto, ás 22:30 horas no teleclube
  • Quintela de Leirado: (por confirmar día, lugar e hora)
  • Riós: venres, 17 de agosto, ás 22:30 horas, no marco do Festival das Artes Escénicas Abelardo Gabriel (campo do Festival)
  • San Cristovo de Cea: sábado, 15 de setembro, ás 21:30 horas na Praza Maior
  • San Xoán de Río: martes, 21 de agosto, ás 22:00 horas na Praza do Concello
  • Vilar de Santos: sábado, 8 de setembro, ás 21:30 horas na Praza do Concello